⇓ ⇓ SOBRE MIN ⇓ ⇓
Detrás de MIYAGUI está Patricia Abal: ilustradora e creadora de contrastes, de imaxes contundentes, onde o oculto emerxe ou incomoda cando é necesario, e o belo revélase ou retórcese para desvelar a verdade que hai tras os trazos.
Formada entre a música, a docencia e a linguaxe visual, desde 2017 traballo nun territorio propio que oscila entre o escuro e o surrealista —ecléctico por convicción, nunca por accidente— Tamén ilustrei proxectos biográficos, poéticos, infantís... adaptándome a estilos distintos sen perder a miña voz persoal. Usando os opostos para reforzalos mutuamente: a luz e a escuridade, o delicado e o forte.
Colaboro con marcas, autores e equipos creativos en ilustración editorial, publicitaria e conceptual. Se buscas unha identidade visual potente e con personalidade para o teu proxecto, podes poñerte en contacto para encargos ou colaboracións.
Contacta